Rachas o karma cunha faca de cábalas.Ladras nácar de bagabaga no padal das túas sabas.Unha bacanal: landras de gasa despois de matar ás Parcaspero só un fanal de ti me dana.Lanzas a malla:Abafar de Bacará que vara no xantar das túas marcas.Cabaz…
Pinga ateigada de dorPegada que deixas en minProstituta fina dos recordosPandemia de mentirasPurgante de esperanzas.Nai dos soñosNena farta de xogarNítido sentimento de luzNómada de diferentes paixónsNube perdida nun ceo de verán.Alumbrei de Bicos…
Nacín na incertidume, ela, catalizadora do medo, señor feudal dos sentimentos que ninguén quere. Trala perda da virxindade do saber, (escaso pero nítido), resolvín ser doncela por sempre, a cortesá dos segredos, a que xamais afirma ou nega. Puta …
Nun corredor morto de viaxes xa feitas Mela esqueceu.Os siloxismos de verdade creados na súa xuventude foron desmitificados pola hipocresía.Naceu unha e outra vez, e en todas as súas vidas cometeu o mesmo erro: querer voar.Padece sempre as mesmas cr…
Quen non a coñece afirma: de carácter lábil. Pero é a liberdade, a pesares de todo, quen a guía.Do seu diario roubei unhas liñas:Non entenden que non fago mal a ninguén e se nalgún momento firo … é a min mesma.Nunca pretendín seguir máis c…
Borracha de libélulas domadas artellei soños e desexos de luxuria doce, orfa en ti, como único pai adoptivo dos meus paxaros de cores.Pois conxúranos un ebrio testamento de anos,un esqueleto ao mar, que non devolvenin tan xiquera florecido un óso….
Nun manxar de sentimentos con sabor a néctar as súas linguas fixeron contacto. Nese intre nin o kerite conseguiría aillalos ao un do outro. Era a derradeira noite xuntos, era a despedida dunha paixón. Un doce nos bicos, o amargo no adeus. O rec…
O sol amodorrábaa, e como marcado a lume e xenes no seu idioplasma a excitación chegou. Saíu da terraza, precisaba desnudarse, sentir o leve aire acondicionado na súa pel ata que o pelo se lle erizase. Deitada boca a baixo coas pernas flexioadas l…
Arume entre as miñas pernas, o meu sexo FROUMA quente que te espera. Aniversario de derradeiras veces en camas alleas á nosa (que aínda que non existe, calquera na que esteamos os dous convertímola en propiedade).Quero un azul ceo nos ollos, o refl…
Dun día para outro atopeime fiando nunha roca o coitelo dunha dor que regresa, un dano que xa cría superado, pero como superar os erros doutra persoa?…deixándoa marchar, obrigándoa a facelo. Porqué de nena só me lían contos de princesas? Eses …
Cun espectrograma da súa doranalizou os formantes da vogal átona do futuro que lle espera.A frecuencia dos ciclos da lúa minguanteconverteurse nunha onda complexa sen harmónicos de esperanza.Non atopou os seus resoadores,perdéranse nun sonograma a…
Escoito o ¡sloomp!, e as portas do tren indícanme que a saída é inmediata. Pouco a pouco comeza a andar e eu despídome de Compostela, nesa hora na que as luces se acenden.Estas son as liñas dun adeus, aínda qeu a túa perdida, como mínimo, espe…
Realizando unha escolla foi o ti o único que atopei viábel.Gustaríame dicir como nas cancións que chegaches así sen avisar, pero desta vez no quixera utilizar tópicos.O que si é certo é que te agardaba, aínda que eu mesma non o sabía.A túa p…
Reflexada nunha versión de si mesma á que nunca quería mirar quitou de si a imaxe do home que a amaba o xusto, arrincouno cunha faca inmensa de orgullo, desempolvada no fallado das súas victorias esquecidas.Desterrou as vírgulas, desta vez del só…
Sen pretendelo Aroa tivo un orgasmo ecdémico. Pretendeu crer que non cambiara tanto, que todo seguía igual, que Paulo só era unha de tantas historias de cama e bicos. Pero despois de deitarse con Duarte decatouse da verdade, buscara outro home só p…
Déixame acabar a min esa cabicha, dixeches. Eu, sentada no sofá, deixei o cigarro no cinseiro e abrín as pernas, para que puideses ver ben que non levaba bragas. Iso que é, unha insinuación para que deixe de fumar, e riu mentres se levantaba acerc…
Tras días de incertidume chegou a Babel, desorientada e confusa dixo un adeus definitivo. As bágoas de dor púrpura saíanlle por todos os poros da pel, invisibeis para o resto do mundo ela, a Deusa do Orgullo, venceu.Recuperou un chisco do perdido, …
Disección: Autoretrato ficitcio. Inspiración: Pessoa. Despensei unha vez, mais non foi a única, quixera ser Caeiro, pero como Campos a maior parte das veces non o co…
Cargada de sensacións diverxentes e sentimentos promiscuos, fuxida da realidade, buscando un nunca máis por sempre.As teas dos meus cortantes arácnidos míntenme dicindo que todo vai ben.Noxo de pesadelos en realidades conversos, o medo abacélame, …
Saíron do coche, Adela axeitou a roupa e pediu unha botella, ¿cal?, non importaba, só quero beber. Tomou un longo grolo de ron.Subiron ao dúplex, ela puxo música e comezaron a beber, os tres, o rapaz case non falaba, pero en cambio non se separaba…
Montaron nun Mercedes, el tocáballe as pernas, subindo entre elas. Decidiron desviarse un pouco para coller bebidas nun vinte e catro horas que estaba na periferia. Tras coller o necesario metéronse pola autovía, polo arcén camiñaba o louriño fac…
Á fotocopia de Pedro coñeceuno nun dos antros da cidade, un deses sitios que abre cando todo pecha, un lugar de encontro para borrachos, ionquis e xente como Adela, que non sabe cara onde camiña.Extrañouse ao ver a un home tan ben vestido nun lugar…
Cando abriu os ollos había dous homes na súa cama, un deles parecíase demasiado ao seu irmán; entradas prominentes, cabelo aneboado, patas de galo, beizos de muller…Un calco de Pedro, ese irmán desexado, co que mantiña unha relación enfermiza,…
As lágrimas eran pérolas, unha salvia de sensualidade deslizábase polo seu rostro.Aroa desprendía un cheiro intenso a necesidade.Paulo inmobilizouna co seu propio peso, só deixando o espazo xusto para meter a súa man na vulva de Aroa.Formigas no …
Tintileo, a rapidez dun sábado, a preguiza dunha vida mellor.Entre os neóns da noite, a úvula fíxose no, un crash abaneou o seu desexo.Unha xanela coa luz acesa amosa que hai xente, que o mundo xiraría igual aínda que nós, a xeración perdi…
Preciso subir ao exterior, os meus pulmóns comezan a encherse de auga, se todo segue así a miña cola de peixe convertiráse en dúas pernas, afogo. Canso de vivir nas profundidades baixo presións impostas pola lei do mar, a auga estase a transfor…
Ban, ban, oscilante movemento das ondas do mar, ban, ban, monótono divertimento das augas do relax, Ofelia, nova raíña das fadas, estrea traxe, e no seu retiro obrigado é o mar a súa elección. Ban, ban, non sabe se soña ou orbita, ban, ban; po…
Un Tolo enredoume nos seus lunáticos sentimentosComo un Mago, sacou da chisteira do meu pubis un orgasmo intenso.Eu, convertida na súa Sacerdotisa fixen un sacrificio, derramei pracer.Co tempo, dixo, serás Emperatriz, e eu sucumbida dos seus soños,…