.


Abecedario Íntimo


Pinga ateigada de dor
Pegada que deixas en min
Prostituta fina dos recordos
Pandemia de mentiras
Purgante de esperanzas.

Nai dos soños
Nena farta de xogar
Nítido sentimento de luz
Nómada de diferentes paixóns
Nube perdida nun ceo de verán.

Alumbrei de Bicos as Cunchas que Destilabas. Entreguei nunha Fabela de Gritos as Historias Íntimas, alí nun Kabuki de Lúas Mortas. Ninguén te Observa cando Pensas nos Quiasmos Rotos que Suspiras, pois Ti, o Unxido, Vives cos Xílgaros dunha Zanfona.

A pesares de todo Quérote.

Lee la noticia de la fuente original...

Comments are closed.