Suxestión XIX - Adicada a Alba

Nacín na incertidume, ela, catalizadora do medo, señor feudal dos sentimentos que ninguén quere. Trala perda da virxindade do saber, (escaso pero nítido), resolvín ser doncela por sempre, a cortesá dos segredos, a que xamais afirma ou nega. Puta por pracer e santa por devoción, túa pero sempre de ninguén. Espello que dá unha imaxe distinta de cada vez, nel reflectidas as amarguras das que fuxín pero que unha e outra vez me alcanzan. Pois eu non son ninguén senón recordo, nin sequera ti existirías se non fose polo pasado.
O futuro está por chegar, cada vez máis preto e ti cada vez máis lonxe, non o sabes pero cada día poño un centímetro máis entre nós.
Ti que me afogas e xamais me atas.
Lee la noticia de la fuente original...