.


Suxestión VI - Unha carta para Samuel - Adicado a Mencía



Así chegou, nú e con tres kg de vida á que se agarrou con forza...

Besbelliño do ceo,
cóvado articulatorio de amor sempre doce.
Contei os teus dediños só para comprobar que polo camiño non esqueceses ningún.
A miña man guiarate sempre polo camiño que ti escollas.
E aínda que ese carreiro non me guste agardarei por ti para darche luz.
Porque ti para min tamén es un vagalume de soños, unha festa de ledicia, un bico de anxo.
Lonxe ou preto sempre no meu carón.
Ti eres a pílula dos meus sorrisos.


Quérete: A túa avoa.

Lee la noticia de la fuente original...

Comments are closed.