.


Suxestións V - Recórdote así. En calma - Adicada a Majo


Recórdote así. En calma.

Cos pés descalzos na herba recén mollada polo orballo primaveral.
Como un paxaro lanzando o seu canto de reprodución.

Recórdote así. En calma.

Suada de bagatelas de paixón recuperada só contigo.
Os nosos momentos, xa no pasado.
Ás veces só podo traer ao presente o duro do adeus, outras só quero voltar atrás e ser feliz contigo unha vez máis.... aínda que fose mentira.

Recórdote así, en calma.

E... Recórdote así, en calma...
Recórdote así, en calma...
Recórdote así, en calma.....
Recórdote así....cunha doce dor.

Lee la noticia de la fuente original...

Comments are closed.