.


As pernas gordas

Tódalas mozas de Bouzas,
levan dous pares de medias
para que digan os homes
que gordas teñen as pernas.

As boucenses non tiñan que mirara pra elas, coas súas perniñas eslamiadas, coas súas meixelas famentas, que nin cara tiñan para se persignar. Se viviran hoxe serían modelos de pasadela, pero daquela tentaban engordar o seu corpo a forza de iren abrigadas coma repolos ás festas: dous pares de medias, dúas camisas, unha saia enriba doutra.

Seica aos homes chistábanlle entradiñas en carnes, aquelas de cus de cesta, de xamóns e lacóns con bo unto.
A historia das modas é que sempre unhas ou outras temos que andar ao desemulo.

Georges Grosz

Georges Grosz

Lee la noticia de la fuente original...

Comments are closed.