Suxestións I - Receita dun doce amor - Adicado a SoO*

Sentir axóuxeres ao vela, pasear no aire cun sorriso, unha dor...a separación.
Vendeu o egoísmo para poder mercar un chisco de Nós, para comezar un chisco está ben.
Non esqueceu, prohibida soidade, mellor un toque de vainilla a gusto. Os seus beizos doces coma unha cereixa madura.
Mermou a singladura de badaladas inharmónicas, xa chegara o tempo de xacer xuntos.
Mesturados entre as sabas da primeira luz da mañá, convertindo o costume nun meigallo de caricias e xemidos.
Lee la noticia de la fuente original...